top of page

TRADUCIÓNS

O DONO DO DERRADEIRO MINUTO.jpg
POESÍA

O dono do derradeiro minuto

- Luis García Montero -

Recopilación de 50 poemas seleccionados da súa traxectoria. Luis García Montero naceu en Granada en 1958. Poeta, crítico literario e profesor da Universidade de Granada. Dende 2018 é director do Instituto Cervantes. Recibiu numerosos premios entre eles o premio Federico García Lorca, Premio Loewe, premio Adonáis, Premio Nacional de Poesía en 1995 e Premio Nacional da Crítica en 2003. Publicou mais de cincuenta libros de poesía desde "Y ahora ya eres dueño del puente de Brooklyn" en 1980 ata "La puerta cerrada" no 2017. Tamén editou numerosos ensaios e tres novelas. Traducido a numerosos idiomas este é o seu primeiro libro traducido ao galego.

Nº Páxinas: 100

Textos: Luis García Montero

Tradución: Isaac Xubín

Fotografía portada: Isabel Patiño

Fotografía do autor: Miriam Barral

Coordinación: Antón Sobral

Produción Gráfica: Campus na Nube

Colabora: Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Políticas Culturais. Consellería de Cultura e Turismo.

Prezo: 18,00 euros + gastos de envío

portada_semejanza.jpg
NOVELA

Semejanza

- María Xosé Queizán -

Semejanza é a tradución ao español dolibro A semellanza (1988), unha das entregas narrativas máis inquedantes de María Xosé Queizán. Ambientada nos anos 80, narra a vida de Juanjo -un mozo nado nunha familia burguesa lucense- na busca da súa identidade personal e sexual. A autora soubo adentrarse nos ambientes do Lugo tradicional, nas cáusticas tertulias dos intelectuais, como o pai de Juanjo; e desviar a súa ollada ao territorio privado das vidas das mulleres, na salita da súa casa, onde o neno iniciarase nos xogos eróticos da man da súa nai, Merceditas. Pero pronto se desatará a súa auténtica pulsión “como se tocaran trompetas celestiais e os ceos se abrisen en horizontes amarelos”; e protagonizará as festas gays aderezadas con diálogos hiperbólicos e máscaras femininas que o propio Juanjo rexeitará, a medida que avanza a súa toma de conciencia. Dende o seu momento, Juanjo inicia o seu proceso de transformación xenérica e sexual repregándose ás demandas das súas distintas parellas de ambos sexos.

Nº Páxinas: 187

Textos: María Xosé Queizán

Tradución: Mónica Bar Cendón

Deseño portada: Ático I Creativos

Maquetación: Ático I Creativos

Impresión: Sacauntos Cooperativa Gráfica

Prezo: 21,95 euros + gastos de envío

bottom of page