top of page

@S NOS@S AUTORES E AUTORAS

99233bff-8369-4977-ba43-eae3e47b6464.JPG
LUIS GARCÍA MONTERO

Naceu en Granada en 1958. Poeta, crítico literario e profesor da Universidade de Granada. Desde o 2018 é Director do Instituto Cervantes. Recibiu numerosos premios entre eles o premio Federico García Lorca, o premio Loewe, o premio Adonáis, O Premio Nacional de Poesía en 1995 e o Premio Nacional da Crítica en 2003. Publicou mais de cincuenta libros de poesía desde Y ahora ya eres dueño del puente de Brooklyn en 1980 ata La puerta cerrada no 2017. Tamén editou numerosos ensaios e tres novelas. Traducido a numerosos idiomas este (con Tulipa Editora) é o seu primeiro libro traducido ao galego.

*Fotografía de Miriam Barral

ELIAS JNOR.jpg
ELÍAS KNÖRR

ELÍAS KNÖRR (1981), alias E. Portela, poeta e tradutor en galego e islandés. Premiado e recoñecido internacionalmente. É autor de: 

Bazar de traidores (Centro PEN Galicia, 2015), Greitt í liljum (Partus, 2016), Cos Peitos Desenchufados 

(Barbantesa, 2010), Sjóarinn með Morgunhestana undir Kjólnum 

(Stella, 2010), traducido ao galego como O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido 

(Barbantesa, 2011) e Imaxes na Pel (Morgante, 2009). A súa obra baséase nas posibilidades das palabras e na busca dunha inspiración completamente externa ao autor. Adapta nos seus textos imaxes e conceptos poéticos doutros idiomas, entre eles a súa lingua artificial propia: Lwyma.

MXQ_foto_Semejanza.jpg
MARÍA XOSÉ QUEIZÁN

María Xosé Queizán (Vigo, 1939) é catedrática de Lingua e Literatura Galegas, iniciando a súa traxectoria como articulista e oradora, alén de figura relevante do pensamento feminista en Galicia, que se despregará a través da publicación Festa da palabra silenciada (1983-2013). A Semellanza (1988) publicada en EEUU como The Likeness (1999) é unha das novelas, xunto a A orella no buraco, Amantia, Amor de tango, Ten o seu punto a fresca rosa, Meu pai vaite matar ou A boneca de Blanco Amor. Gran parte da súa obra poética se compila no volume Non o abras como unha flor (2004).

De entre os seus ensaios destacamos La mujer en Galicia, Evidencias, sexismo e racismo na poesía de Pondal, Antinatura, Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial, e do seu teatro, pezas como Antígona e a forza do sangue, Neuras, O segredo da pedra figueira e Unha nena seducida polos libros, de narrativa infantil-xuvenil. 

Recibiu os premios Lois Peña Novo, Otero Pedrayo (2018), Ernestina Otero (2019) e o recoñecemento da Asociación de Editores Galego.

Alberto Planas.JPG
ALBERTO PLANA HECHEVARRÍA

Nace en 1947 na provincia de Las Tuna, Cuba. É aí onde cursa o ensino primario, xa na cidade da Habana continúa os seus estudos graduándose como mestre en 1967 e posteriormente obtendo a especialización como mestre defectólogo, alcanzando a licenciatura na especialidade de español e literatura dous anos despois. Membro fundador do taller literario “Yugo y estrella”, desde o que participa e obtén diversos premios provinciais nos xéneros de poesía, décimas e relato curto. Ademais de colaborar en reiteradas ocasións con xornais e publicacións especializadas. No ano 2000 obtén varios premios internacionais como “Primavera Catanese” en Italia ou a mención de honra no Concurso Homenaxe a Alfonsina Storni, en Arxentina.

0713daa7-b347-462f-9b87-2a7410377887.JPG
PAOLA G. SEPÚLVEDA

Paola G. Sepúlveda (Málaga, 1985) é licenciada en Filoloxía Hispánica e Doutora en Linguas, Tradución e Ensinanza en Español como Lingua Estranxeira. Publicou o libro de poemas Vestigios de Postumia (Ed. Evohé), traducido ao italiano por Bonaccorso Editore. Exerceu como docente en diferentes países do mundo. Na actualidade é Visiting Scholar na Universidade de Verona.

David Planas.JPG
foto Vicente.jpg
DAVID A. PLANA PADILLA
VICENTE VÁZQUEZ VIDAL

David A. Plana Padilla é un artista multidisciplinar con claras influencias afrocubanas e fillo do escritor Alberto Plana Hechevarría. Comezou a súa andaina expositiva coa súa primeira mostra individual "Multitudes" na Habana, Cuba, á que seguiron novas exposicións, tanto persoais como colectivas, en galerías, institucións e museos de EEUU, Alemaña, Italia ou España, país ao que chega e onde continúa a súa labor artística.

Vicente Vázquez Vidal (Melide, 1992), graduado en Linguas e Literaturas Modernas. Os seus poemas viron a luz en varias revistas e o seu último poemario Ani(vers)ario (2015) foi galardoado cun accésit no Certame de Poesía Francisco Añón. Publica no seu blog ad-radicare.tumblr.com, adicado á tradución ó galego de poemas de diversas linguas.

*Fotografía de Jeremy Oviste

MARÍA VICTORIA CARO.jpg
MARÍA VICTORIA CARO BERNAL

María Victoria Caro Bernal (Málaga, 1960). É poeta, actriz e xestora cultural. Obtivo o Primeiro Premio de Poesía Antonio Machado (Xaén, 1986)

Polo seu poema Profecía del bien intrínseco del alma. Dedicado a la Paz. Ha publicado Lino Blanco (Málaga, 1986) e o poemario Tierra amada. Espíritu de perfección (Madrid, 2014) con poemas místicos e filosóficos.

Dirixiu a antoloxía poética e narrativa, de 77 autores, El amor es como el mar, solidaria co pobo palestino, Premio Versos Solidarios, 2018, Ciudad de Cabra, Córdoba.

merce.jpg
MERCÉ BARRIENTOS

Nada en Muxía (1971). É Licenciada en Educación Física polo INEF-Galicia (A Coruña) e cursou estudios de Dereito. Na actualidade exerce como profesora de secundaria no IES Valle-Inclán de Pontevedra.

Practicante de taekwondo desde hai trinta e cinco anos
e cinto negro 6o dan, desenvolveu unha carreira de deportista, adestradora, árbitra e directiva no deporte galego. Tamén ten publicado artigos e libros sobre este deporte. Recoñecida como activista na loita pola igualdade da muller no deporte, é directiva da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA), qu  actualmente preside. A súa atracción polo mar nace na infancia de Muxía e nas longas e nunca esquecidas camiñadas co seu avó malpicán, vello patrón de pesca, co que percorreu os máis intricados litorais. 

CRIS DOMERCQ
CRIS DOMERCQ

Cris Domercq naceu en Madrid en 1988. É licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e actualmente traballa como funcionaria no Ministerio de Cultura e Deporte. Aínda que leva escribindo dende fai anos, este é o seu primeiro poemario, onde se recollen poemas da última década. Sempre sentiu inclinación por buscar a expresión a través da imaxe e da palabra. Mantén dous espazos virtuais: Mirilla sin mar (chicadelatico.tumblr.com) dedicado á fotografía e El ático izquierda (elaticoizquierda.blogspot.com) dedicado á poesía e outros escritos.

x.jpg
NIEVES VILLÁN

Nieves Villán Fernández (Oviedo, 1991) é unha poeta nova asturiana que vive en Santiago de Compostela.
Licenciada en Psicoloxía (Facultade de Psicoloxía da Universidade de Oviedo). Apaixoada pola escritura dende cativa, inspírase na súa contorna máis próxima, así como nas intensas experiencias das súas viaxes. 

Man Li foto.JPG
MAN LI

Man Li (Lanzhou, China, 1994) ten un título universitario en Tradución e Interpretación da Universidade Sun Yat-sen e actualmente estuda Literatura na Universidade de Santiago de Compostela. Este caderno é a súa primeira publicación individual.

Robin Myers_Foto.jpg
ROBIN MYERS

Robin Myers (Nova York, 1987) é poeta e tradutora. Publicou, en edicións bilingües, Amalgama (México, Ediciones Antílope, 2016), Lo demás (Arxentina, Zindo & Gafuri, 2016; España, Kriller71 Ediciones, 2016) e Tener (Arxentina, Audisea, 2017). Tener tamén sairá nunha edición de Kriller71 Ediciones en 2019. Traduciu diversos autores latinoamericanos ao inglés. Vive na Cidade de México.

AMANDA PLAZA.jpg
AMANDA PLAZA

(Santiago de Compostela,Galicia, 1991)

Sempre quixo ser xornalista ata que a  educación chamou á súa porta. Estudou Maxisterio de Primaria na USC e é Técnica Superior en Educación Infantil polo CIFP Compostela. No 2020 terminou o Grao de Pedagoxía pola UNED e actualmente traballa como profesora autónoma axudando a nenos con necesidades específicas de apoio educativo.

 

Vencellada á escrita dende moi nova, aos 17 anos comeza a compartir os seus textos no seu blogue e en 2018 abriu a súa conta poética de Instagram baixo o alias Demisletras. Recentemente Amanda abriu unha nova conta de Instagram chamada  Normalpeoplereading coa que pretende dar un novo enfoque á súa escrita. En 2018 colaborou no colectivo literario Letras&Poesía que lle serviu de impulso para publicar vídeos recitando os seus versos. En setembro de 2019 publicou o seu primeiro poemario Kilómetro Cero coa editora Valparaíso Ediciones coa que repite na súa segunda obra, Morfología de un cuerpo (2021).

IMG_6151.jpg
JUAN BELLO SÁNCHEZ

Juan Bello Sánchez (Santiago de Compostela, 1986) publicou os libros de poemas "El futuro es un bosque qye ya ardió en alguna parte" (La Bella Varsovia, 2011), "Talk about the blues" (Origami, 2014), "Todas las fiestas de mañana" (IV Premio de Poesía Joven de RNE; Pre-Textos, 2014), "Cuatro Canciones" (Ártese quien pueda Ediciones, 2015), "Nada extraordinario" (XVI Premio de Poesía Emilio Prados; Pre-Textos, 2016), "Motel Memoria" (Valparaíso Ediciones, 2017) e "Mi tiempo perdido" (II Premio de Poesía Nicanor Parra; Ediciones de la Isla de Siltorá, 2018), ademais do caderno "Casa" (Tulipa Editora, 2018).

 

*Fotografía de Isabel Patiño

Rosendo Cid_foto_Rosa Neutro.jpg
ROSENDO CID

Rosendo Cid (Ourense, 1974). Artista e escritor, publicou, entre outros: Los consejos no son un buen sitio para quedarse a vivir (Papeles Mínimos 2018); 5000 veces pintura (Ed. Galería Circular 2017), e 365 maneras de estar en el mundo ( Duen De Bux 2014). Foi incluído así mesmo no libro, El cántaro a la fuente. Aforistas españoles para el siglo XXI. (Apeadero de Aforistas y Thémata Editorial 2020). En canto a premios destacamos o Primeiro premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea (2018); e dous de relatos: no 2019, o Segundo Premio do Certame de relatos Vigo-Histórico, convocado por Editorial Elvira; e no 2018, o Primeiro Accésit da Segunda Edición do Certame de Relato Breve Nélida Piñón. Mantén activo o alter ego, Eduardo Torres (El hombre que rayaba periódicos) co que publicou tres libros ata o de agora.

*Fotografía: Rosa Neutro.

bottom of page