Crónica: Tulipa en Culturgal 2019

Foi unha fin de semana moi intensa e chea de encontros, ledicia e descubrimentos.

Do día 29 de novembro ao 1 de decembro estivemos no Pazo da Cultura en Pontevedra presentando os últimos proxectos da editorial.

Presentación da Colección Verbas Vivas

A colección Verbas Vivas componse de camisetas con mensaxes que nacen dende o corazón dos autores, coa intención de facernos reflexionar e adentrarnos no pensamento dos autores. As mensaxes pertencen a María Xose Queizan, Alicia Framis, Paula Cabaleiro, Encarna Lago González e Vicente Vázquez Vidal.

Trátase dun proxecto cultural+solidario, co que colaboramos coa Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela para o equipo de investigación Oncomet (o 10% do recadado das ventas).

Firma de libros con María Xosé Queizán

A recoñecida escritora galega estivo o sábado pola tarde firmando exemplares de "Semejanza", a súa primeira obra traducida ao español.

Presentación novos poemarios da Colección 10x15

Man Li e Paola G. Sepúlveda, autoras de poemarios bilingües desta colección, participaron no acto que presentou Paula Cabaleiro xunto a Isabel Patiño, directora de Tulipa Editorial, e no que tamén interviu Xaime Toxo, tradutor da obra "Cetro de espiñas vivas", poemario en farsi-galego da autora María Victoria Caro Bernal.

Como non puido acompañarnos no Culturgal, realizamos unha conexión desde o stand de Tulipa para falar en directo con Elías Knörr, autor de "O prezo do inverno".

A continuación, podedes ver o video-resumo do paso de Tulipa Editorial por Culturgal 2019:


0 vistas

© 2018_TULIPA EDITORA_Santiago de Compostela_ tulipaeditorial@gmail.com

  • Facebook - Grey Circle
  • Instagram - Grey Circle
tulipa logo rosa_1.png