© 2018_TULIPA EDITORA_Santiago de Compostela_ tulipaeditorial@gmail.com

  • Facebook - Grey Circle
  • Instagram - Grey Circle
tulipa logo rosa_1.png

A NOSA ESCRITA, A NOSA LINGUA

CONCIENCIA DE SER ANFIBIO

Conciencia máxica de ser anfibio

- Mercé Barrientos -

O escrito é o produto da conciencia de vir de dous mundos: o do mar e o da aldea. Estes dous oníricos mundos están personalizados polos antergos. Polo avó que coñecín, o home libre. Un daqueles homes de ferro en barcos de madeira, gran amante do mar e que personaliza canto a nena que se agocha no libro aprendeu do amor e da tenrura, dos misterios do mar e a súa beleza. Un outro mundo deste ser anfibio é o da aldea. O da bisavoa e as avoas, auténticas viúvas de vivos, sempre de negro. Mulleres fortes e rexas que sacaron adiante aos fillos nos anos negros da fame. Sacáronos adiante con man de ferro e
verbas duras coma seixos, grandes como penedos. Amazonas auténticas ás que non lles quedaron folgos para a tenrura. So dignidade, traballo e loita. Os nenos da Camposa eramos os desposuídos e orfos fillos do vento. Unha caste de farrapentos intocables. Os nus pés, feridos pola pedras da ribeira; os ollos, proendo polos salseiros e o solpor, e os cabelos, enleados polo vento. Así retabamos, destemidos, aos tombos do Coído. Sobre a pel, o perpetuo zoar do Nordés. Así e todo, na miseria, eramos soberbiamente ricos de todas aquelas cousas que, por dereito, eran nosas.

Coleción A Laxiña

Nº Páxinas: 118 

Produción Gráfica: Campus na Nube

Ilustracións: Yano Yoro

Revisión e Correción: Carmen Penas

Deseño: Carmen Hermo

Fotografía: Mercé Barrientos

Prezo: 12,95 euros + gastos de envío